BENVIDOS NENOS E NENAS DE 1ºB!

A pesar de estar encerrados/as nas nosas casas...
debemos seguir co adestramento para convertirnos nos/as mellores astronautas!!
Hoxe imos traballar sobre...
O SOL e A LÚA

Qué sabedes sobre o Sol?
Debate sobre os teus coñecementos previos cos teus familiares!
Neste vídeo, aparece moi ben explicado, bótalle un ollo! E estate atento pois despois... deberás completar unhas oracións sobre o vídeo!
A continuación, completa as seguintes frases...
"O sol é unha (1)________.
Unha enorme esfera de gas (2)_______ que está brillando e xirando continuamente.
O Sol é o (3)________ do noso sistema, por iso chámase sistema Solar."

MOI BEN FEITO!
Agora que acabaches, vas volver debatir cos teus familiares!
Pero esta vez sobre a importancia do Sol! Por qué é importante? Porque nos da luz e iso ponnos contentos? Porque nos da calor? Debatide!
En canto acabedes de debatir, mira este vídeo pois contarache a real importancia do noso amigo o Sol! Non podemos vivir sen el e agora descubriras o verdadeiro porque...
Que interesante, verdade? Estamos aprendendo un montón de cousas sobre o Sol! Pero...
e a lúa? Qué sabedes dela?
Debatide!
Debatide!
No seguinte vídeo cóntannos un montón de datos interesantes sobre ela!
Mirádeo e estade atentos pois logo debedes completar unhas frases!
Completa as frases...
"A lúa é un (1)________ natural que xira ao redor da (2)________.
A lúa presenta catro fases lunais fundamentais como causa do seu (3) m_________ e polo reflexo do (4) S_____."

MOI BEN FEITO!
ATA AQUÍ O ADESTRAMENTO DO DÍA DE HOXE!
Seguide así e dentro de pouco xa seredes astronautas!
Recordade que as actividades que se levaron acabo deben estar realizadas nas vosas libretas de Ciencias Sociais ou Ciencias Naturais, e debedes mandarlle unha foto destes exercicios á vosa titora para poder comprobar que estades seguindo a lección e que o estades facendo ben!
Ánimo e hasta o próximo día aprendices de astronauta!
